Ingrid Shepard, unha dama acomodada, vive nun apartamento no terceiro piso dun elegante edificio no centro da cidade. Denuncia que, ao regresar dunha cea con amigas, atopou a súa casa completamente desordenada: caixóns revoltos, unha fiestra rota e, o máis alarmante, a desaparición do seu colar de perlas negras. Este colar, herdado da súa nai, está taxado en 25.000 libras esterlinas e ten un inmenso valor sentimental.
Segundo Ingrid, as únicas persoas con acceso á súa casa son a súa filla, Jessica Shepard, e o seu leal mordomo, Arthur Hoggins. Ademáis, tamén di ser a única coñecedora do código da caixa forte onde gardaba o colar. Non obstante, os acontecementos da noite plantexan máis preguntas que respostas.
A fiabilidade dos testemuños evalúase de 1 estrela (★☆☆☆☆) a 5 estrelas (★★★★★). Isto non ten que ver co nivel de sospeita ou credibilidade das testemuñas senón coa coherencia do testemuño e o seu nivel de concordancia coas probas ou feitos.
Dª. Ingrid Shepard ★★★★★
"Volvín á casa algo despois das once da noite. Nada máis abrir a porta, atopeime cunha escena aterradora: caixóns abertos, a miña roupa interior tirada polo chan, a fiestra do salón rota... era un caos absoluto! Chamei a Arthur para que me explicara que facía aínda alí. Di que escoitou ruidos e decidiu quedar, pero algo non me cadraba. Estaba conmocionada. Debería telo denunciado, pero no seu lugar despedinno de inmediato. O colar da miña nai... Ai, se ela erguese a cabeza!"
Dª. Abbigail Woods ★★★★★
“A miña irmá e máis eu quedamos desfrutando da sobremesa cuns encantadores cabaleiros ata que pecharon o local. Iso foi tarde, aproximadamente sobre a unha da madrugada. Ingrid, en cambio, marchou bastante cedo. Algo antes das 23h xa se fora.”
Don Arthur Hoggins ★★★☆☆
"Terminei de limpar as figuriñas de Swarovski da señora sobre as dez e media. Estaba a prepararme para marchar cando escoitei ruídos procedentes da rúa, coma se alguén intentase forzar algo. Volvín ao apartamento por precaución e non vin nada raro dentro. A señora Ingrid chegou pouco despois e, ao verme, asumiu que estaba involucrado. Non entendeu que só quería protexer as súas pertenzas."
Dª. Jessica Shepard ★★★★☆
"A miña nai e máis eu non temos a mellor relación. Ela sabe o moito que me gustaría quedar co colar, pero sempre o usaba para molestarme. Vai dous días, durante unha visita, sacouno para presumir diante de min. Non entendo como alguén puido entrar a roubalo... Arthur traballou para a miña nai durante anos, pero sempre pensei que non é tan intachable como parecía."
Don Frederick Stealth ★★★★☆
"Nesa noite discutín coa miña muller e saín a fumar ao corredor. Camiñei un rato para tranquilizarme e observei ao mordomo regresar ao apartamento cunha actitude nerviosa. Pouco despois, cruceime con Ingrid, que parecía molesta. Estiven dando voltas polo corredor ata a medianoite porque necesitaba despexarme. Ao final, voltei a casa."
©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.