María Lago Bernárdez

bell hooks

25 de setembro de 1952 - 15 de decembro de 2021

Nada en Kentucky (Estados Unidos), bell hooks responde ao reivindicativo pseudónimo dunha muller afroamericana que por cuestionar cuestionou ata a gramática hexemónica escribindo o seu propio nome en minúsculas.

 

Escritora e activista, o seu discurso parte do feminismo interseccional que cuestiona o xénero de forma indisociable ao racismo e á clase. Dende a didáctica dos seus ensaios, reflexiona sobre a importancia de analizar e transformar a cultura patriarcal dominante que establece estructuras transversais opresoras e impide a implantación dunha xustiza social.

 

Baixo esta perspectiva, cuestiona conceptos tan arraigados como o amor, cuxa práctica concibe como un acto político liberador que debe romper co esquema patriarcal. A educación é tamén un dos piares base do seu discurso e ao longo da súa vida adicouse a realizar charlas e simposios que fomentaban a crítica social.

 

Algúns dos seus títulos máis destacados son “Todo sobre o amor”, “A clase importa”, “Ensinar a transgredir” ou “A vontade de cambiar”, nos que trata todas estas cuestións e profundiza sobre a realidade do feminismo como muller negra.

 

En 2021 fomos coñecedoras do seu pasamento, mais o seu legado segue vivo en todas nós, marcando as súas transgresoras ideas a liña a seguir nos estudos de xénero contemporáneos. 
 

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.