Raquel Alonso Rodríguez

Crónicas da natureza

A fenoloxía é a ciencia que estudia a relación entre os factores climáticos e os ciclos dos seres vivos e estúdase, de entre outros xeitos, a través dos cambios que se poden apreciar na natureza co paso das estacións. Algúns exemplos moi claros de sinais fenolóxicas son os avistamentos das aves migratorias ou a floración das árbores.


Nesta nova sección, chamada Crónicas da Natureza, destacaranse eses cambios que van sucedendo a longo dun mes coas nosas observacións persoais. Ademais completaranse con outras observacións relevantes, aínda que non teñan que ver necesariamente con factores climáticos ou ciclos.


Ti tamén podes participar


Se queres contribuir a esta seccion coas túas observacións persoais, podes facelo a través do noso correo electrónico naturezapetapau@gmail.com. Envíanos as observacións que fagas, poden ser durante unha saída de campo ou fortuitas, se tes foto para ilustrar a túa observación mellor, pero non é imprescindible. Descríbenos que é o que viches (unha planta, animal, cogomelo...), algún cambio (caída de follas, flores...) ou calquera outra cousa que consideres interesante. Se podes, envía a zona na que realizaches a observación, o tempo que facía, a hora, e o mais importante, o día. Incluiremos as túas observacións na seguinte publicación baixo o nome que ti queiras.


Esperamos as vosas observacións!


Vol I


No período que comprende dende inicios de setembro a inicios de outubro tivemos o que parecía ser o final do verán e o seu regreso inesperado. A uns poucos días de chuvia e baixada de temperaturas seguíronlle días de sol e calor, o que fai que nos falte a chuvia outra vez.


Algunhas observacións que puidemos facerse durante este último mes son a presenza das últimas moras da tempada nas silveiras, ou os toxos e urces en plena floración. Tamén puidemos desfrutar das primeiras castañas. Este ano os castiñeiros están tendo unha gran produción, e un mes despois de comezar a dar castañas aínda teñen moitos ourizos verdes nas súas copas. Falando de máis alimento que proporciona o outono, temos xa algún cogomelo, pero aínda están por vir moitos máis.


Polo que podemos ver xa temos moitos sinais do outono, pero aínda quedan por vir moitos máis. As árbores seguen estando moi verdes e os días teñen que volverse máis fríos e as noites máis longas.


Algúns encontros durante este tempo:

  • 23 setembro: Familia numerosa xabaril, nai e polo menos oito ou nove bacoriños xa sen raias.
  • 3 de outubro: Inesperada visita de catro flamencos nas salina do Ulló en Vilaboa. Profundaremos máis sobre a súa presenza no futuro.
     

SET
OUT
2025

Galería de imaxes do Vol. 1 de Crónicas da Natureza

Traemosvos unhas cantas fotografías que fixemos ao longos destes dous últimos meses. Temos por un lado un ourizo coas castañas dentro, dous exemplares de peido de lobo, unhas setiñas minúsculas e adorables e unhas moras en proceso de maduración.

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.