Raquel Alonso Rodríguez
A Orballiña

Drosera rotundifolia cos restos dunha bolboreta
(Foto tomada por Noah Elhardt)
Pero como é que Drosera decidiu pasarse á dieta carnívora, cando cada vez hai máis facilidade para levar dieta vegana? Para a pobre orballiña esta facilidade non existe, ela vive en sitios onde non hai nada que comer, solos acedos e pobres en nutrientes, polo que non lle quedou outra que poñerse a capturar insectos. Estas zonas onde Drosera vive son turbeiras, marismas ou zonas húmidas, xa que tamén precisa de moita agua e moito sol.
Pero para a desgraza da orballiña estes ecosistemas, a pesar da súa gran biodiversidade e interés ecolóxico, son dos mais ameazados e danados. De feito, a orballiña, aínda que é unha das plantas carnívoras mais extendidas da Terra está en perigo de extinción en moitos territorios. En Galicia non iba ser doutro xeito, non é doado atopar a Drosera. Parece que os ecosistemas de zonas húmida son especialmente atractivos para construir polígonos insdustriais. Outras ameazas típicas poden ser as plantacións forestais de eucaliptos que lles rouban a auga, ou calquera outra infraestructura coa que se destrúe non só o hábitat de Drosera, senón a Terra en xeral.
A orballiña súmase así a esa lista infinita de plantas e animais que sabemos que están aí polo momento, pero que poden deixar de estalo no futuro próximo. Para atopala case que mellor nin buscala, quizais sexa máis doado mirala de casualidade. Quizais nunha mañá de paseo que está resultando particularmente fermoso e satisfactorio, miredes para os pés porque vos metestes nunha zona enchoupada, e mentres vos laiades polos pés mollados, veredes no chan unha pequena orballiña.
Existe en Galicia unha planta que con toda seguridade gustará a todo o mundo, tanto polas súas fermosas cores como pola natureza da súa dieta. Trátase de Drosera, un xénero de plantas carnívoras moi pequeniñas, dintínguíndose dúas especies, Drosera rotundifolia e Drosera intermedia. Recóllense diversos nomes comúns para elas, cada un pode chamalas como máis lle guste: orballiña, rorella ou resío de sol. Como se pode observar, os nomes fan referencia ao orballo da mañá, e é que a orballiña parece estar permanentemente cuberta de pinguiñas de auga. Estas gotiñas son o mucílago, unha substancia pegañenta que secreta a planta na que os insectos que conforman a súa dieta quedan pegados. Os insectos acuden a ela moi galdrumeiros atraídos pola idea de chuchar un doce delicioso, rodeados dunha vista de fermosas cores vermellas, non sabendo que ese será o seu final. Morren intentando escapar ou asfixiados pola propia substancia. Ademais Drosera non se limita a esperar, cando detecta que unha nova vítima caeu na súa trampa, é capaz de ir pechando pouco a pouco as súas follas para cubrila de todo co mucílago.
