Julien Courcier Cortegoso

O Santa María da Feira

O barco Santa María da Feira zarpa de Lisboa con destino Irlanda con tres persoas a bordo: Xosé Palacios, Nina Palacios e Beltrán Madeira. Dous días despois, o barco aparece baleiro fronte á costa galega. O bote salvavidas non está. Non hai signos de loita, pero tampouco hai ningunha mensaxe ou chamada de socorro.
 

A fiabilidade dos testemuños evalúase de 1 estrela (★☆☆☆☆) a 5 estrelas (★★★★★). Isto non ten que ver co nivel de sospeita ou credibilidade das testemuñas senón coa coherencia do testemuño e o seu nivel de concordancia coas probas ou feitos.

Testemuños

Uxía Vieira  (Capitá da Garda Costeira da Coruña ★★★★★)
"Recibimos o aviso dunha embarcación á deriva. Sen sinais de abordaxe, sen rastro de sangue nin danos evidentes. Non había fallos mecánicos. Todo en orde, menos a ausencia das persoas. O bote salvavidas faltaba."

  •  Observación: Descrición factual e aparentemente neutral. Dá credibilidade ao feito de que a desaparición non foi violenta nin accidental.

María do Carme (Dona dun restaurante no porto de Lisboa, ★★★☆☆)
"Coñezo a ese home, Xosé Palacios, dende hai anos. Viña sempre que ía ao mar. Esa última noite díxome que ía facer unha viaxe importante. Estaba raro, coma se se despedise. A rapaza parecía ilusionada, pero Beltrán tiña unha cara… non me enganou, estaba nervioso. Andaba a murmurar algo."

 

  • Observación: María interpreta a situación desde o cotián, o que lle resta peso ao seu relato. Non obstante, a súa neutralidade tamén pode encubrir detalles máis importantes dos que é consciente.

Nuno Saramago (Axente da Policía Marítima portuguesa, ★★★☆☆)
"Hai moitos anos que escoitamos falar de Xosé Palacios. Nome vinculado a certas redes, pero nunca conseguimos probas sólidas. Nos últimos tempos non había movemento... ou iso pensabamos. Agora co que pasou, todo volve parecer sospeitoso."

  • Observación: O testemuño contén datos relevantes, pero contaminados por xuízos previos. A sospeita do axente reabre vellas teorías sen confirmar ningunha nova.

Eva Palacios (Irmá de Nina, ★★★☆☆)

"Miña irmá quería moito a seu pai, e falaba desa viaxe coma unha especie de soño. Ultimamente notábaa algo nerviosa, si, pero tamén ilusionada. Mandoume unha mensaxe no segundo día: ‘Creo que as cousas non son como pensaba’. Iso foi todo."

  • Observación: A frase recuperada por esta testemuña é ambigua, pero suxire claramente unha desilusión ou descubrimento. A contradición entre o ton ilusionado e o contido da mensaxe pode ser clave.

Xurxo Santos (Pescador galego, ★★☆☆☆)

"Vin o barco, si. Parado no mar, como morto. Non me acerquei, por se acaso. Máis tarde, xa noite pecha, xuraría que vin unha luz pequena ao lonxe. Algo que se movía. Pero co mar así, quen sabe... ás veces un ve cousas que non están."

  • Observación: O pescador mestura percepción e dúbida. A súa falta de convicción resta fiabilidade ao que di, pero tamén pode reflectir que viu algo relevante e o racionaliza para non parecer tolo.

Everard Hayes (Contramestre irlandés, ★★★☆☆)

"O Santa María da Feira tiña prevista a chegada ao noso porto, pero nunca apareceu. Non é común. Tiñan o plan de recoller certa carga aquí, segundo os papeis, pero non estaba clara a natureza da mercadoría. Había poucas especificacións.”

Cronoloxía coñecida

  • Observación: Intenta minimizar a gravidade do caso. A súa actitude defensiva e racionalizadora suxire unha intención de ocultar prácticas irregulares.

 

 

  • Fai 2 días: O Santa María da Feira abandona Lisboa.
  • Fai 12 horas: Xurxo Santos divisa a embarcación.
  • Fai 2 horas: A garda costeira sobe ao barco para non achar ningún tripulante.
  • Actualidade: Decláranse como desaparecidos Xosé Palacios, Nina Palacios e Beltrán Madeira.
     

 

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.