Números da nosa revista 

Nesta sección poderedes atopar os números de Petapau en orde cronolóxica ーde máis a menos recenteー.

Oitavo número de Petapau

Polo Nadal traemos unha reportaxe especial centrada no chocolate, un segundo volume de 'Crónicas da Natureza' e un pequeno artigo falando dos réptiles marxinados da Galiza. No que respecta ao relato de San Lourenzo: introducimos aos Trubincos! Ti coñecíalos?

Séptimo número de Petapau

Neste número inauguramos nova sección: 'Crónicas da Natureza'! E traemos ademáis unha pequena crónica do descubrimento do festival "Nos Seus Pés" así como os nosos habituais Mulleres na Sombra e o relato de San Lourenzo de Penide.

Sexto número de Petapau

Polo noso especial traemos un artigo de 12 Destacadxs no que reivindicamos figuras e colectivos cuxa labor admiramos. Tamén traemos o noso propio calendario! Dispoñible para descargar gratuítamente. Ademais dun artigo sobre outra planta, neste caso unha carnívora, e os nos habituais: Mulleres na sombra e un relato de San Lourenzo de Penide.

Quinto número de Petapau

Nesta quinta entrega, algo cativa polo noso especial de outubro que se chega, falamos dos incendios e a conservación do patrimonio natural. Un tema de actualidade importantísimo porque todos sabemos vale máis un Estado con árbores nos montes que con ouro nos bancos. Tamén falamos dun fento moi particular que podemos atopar en Galicia e desta transición ao outono. Ademáis dos nosos frecuentes: os dous xogos de desafío que son "Mulleres na sombra" e "Misterios". 

Cuarto número de Petapau

Nesta cuarta entrega falamos da obra artística dun dos nosos compañeiros, traemos artigos de opinión varios (sobre as praias desnaturalizadas, o pouco compromiso ético das cadeas comerciais, sobre o significado para Greta da casa familiar na praia...). Ademáis dos nosos frecuentes: outro relato de San Lourezo sobre a caza do Demo, o horóscopo satírico de xullo e os dous xogos de desafío que son "Mulleres na sombra" e "Misterios". Este mes ambos do ámbito clínico.

Terceiro número de Petapau

Nesta terceira entrega traemos un artigo falando da cuestión incel, unha aguda crítica a Barcelona e unha receita duns soborosos boliños de ovo e allo como destacados. Ademáis, os habituais integrantes da sección de entretemento: un relato de San Lourezo de Penide nunha tola noite de San Xoán, o horóscopo satírico de xuño e os dous xogos de desafío que son "Mulleres na sombra" e "Misterios".

Segundo número de Petapau

Neste novo número falaremos das Cantareiras ás que se lle dedica o día das Letras Galegas, do ciclo dos Maios, da pesca da anguía, do importante que é chorar e da hipocrisía do 8 de maio. Traemos tamén como sempre o noso horóscopo satírico e o segundo relato de San Lourenzo.

Primeiro número de Petapau

No inicio desta aventura cultural traemos: unha conversa sobre a represión franquista e a loita veciñal, un artigo sobre o petapau, outro falando da Bienal de arte de Pontevedra, unha experiencia vital na Suiza... e moito máis!

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.