A Abadía de Longchamp, situada ás aforas de París, é un convento de clarisas fundado no século XIII. A abadía é especialmente coñecida polo seu fondo de manuscritos medievais, entre os que destaca o Liber Sanctae Germanae.
Este manuscrito consiste nun códice de corenta e dúas follas de pergamiño, escrito en latín e profusamente iluminado. Narra a vida e as visións místicas de Santa Xermana, fundadora lendaria da comunidade. As súas miniaturas, elaboradas con pigmentos brillantes e ouro fino, destacan pola representación idealizada das figuras: rostros de faccións delicadas, cabelos louros e ollos azulados, símbolos dunha pureza espiritual que transcende a raza humana.
En tempos recentes, a abadía ofreceu a posibilidade de que algúns investigadores estudasen a súa valiosa biblioteca, sempre baixo estritas normas de acceso. Non obstante, rexistrouse a visita dunha anticuaria alemá, Dona Annaliese Vogel, poucos meses antes, un dato que semella ser discretamente omitido polos responsables do arquivo.
A fiabilidade dos testemuños evalúase de 1 estrela (★☆☆☆☆) a 5 estrelas (★★★★★). Isto non ten que ver co nivel de sospeita ou credibilidade das testemuñas senón coa coherencia do testemuño e o seu nivel de concordancia coas probas ou feitos.
Dra. Léa Duval ★★★★★
"O manuscrito presenta inconsistencias evidentes: algúns pigmentos usados nas miniaturas non existen antes do século XIX. Ademais, a paleografía mostra erros que un escriba medieval non cometería. Algo non encaixa. Solicitei permiso para realizar unha análise máis detallada, pero a superiora pareceu reticente. Agora, tras a desaparición do manuscrito, todo me resulta aínda máis sospeitoso."
Abadesa Catherine Dubois ★★☆☆☆
“O que desapareceu é un obxecto material. O importante é a fe que representa. Non debemos deixar que a ansia de posesións mundanas nos aparte da nosa verdadeira misión. A soberbia que move á Dra. Duval é a típica da súa ralea. O seu interese non é honrado.”
Dona Annaliese Vogel ★★★★☆
"Visitei a abadía de Longchamp como parte da miña investigación sobre manuscritos monásticos. Chamoume a atención o excelente estado de conservación do Liber Sanctae Germanae, inusual para unha peza do século XIII. Solicitei permiso para examinalo de preto, pero a abadesa rexeitou educadamente a miña petición."
Sor Claire ★★★★☆
"Sempre me intrigou esa parte da biblioteca. Hai zonas que foron restauradas despois da guerra. Algúns muros parecen máis novos... Despois do roubo, notei que a nai Catherine estaba menos preocupada que outras veces. Ademais, a noite anterior ao roubo, pareceume ver unha sombra movéndose polos corredores. Non me gusta esta situación. Tanta investigación e tanta xente… Fisgar non é cousa boa."
Sor Isabelle ★★★★☆
"Sempre sentín que a verdadeira riqueza da nosa biblioteca non reside nos obxectos, senón nas historias que gardan. Algúns manuscritos están envoltos en capas de lenda e esquecemento. Ás veces, as cousas non son exactamente como se contan... pero iso forma parte dos misterios da abadía, non cre? De todas formas, vaia con coidado, pois cando un remexe nas cinzas, non sempre atopa lume… pero pode chamalo.”
Sor Agnès ★★★☆☆
"Recordo, de moza, que unha noite nos mandaron pechar as portas da biblioteca. Dixéronnos que esquecésemos aquilo. Había movemento, libros… carpinteiros quizais? Agora, con todo este rebumbio, volvéronme á mente aquelas lembranzas."
©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.