Julien Courcier Cortegoso
Olivier Courcier Cortegoso
OLLADAS
Velaquí a nosa primeira exposición fotográfica. Unha celebración cativa do noso aniversario.
Ao longo do derradeiro ano levei a cámara comigo con intención de ve-lo mundo doutra forma. Despois de acumular arredor de 600 fotografías escollín coa axuda do meu irmán as máis interesantes. Agardamos gustedes de todas elas.
LUZ E GALLAS
Esta primeira sección componse de cinco fotografías. Comezamos por elas por ser o principal motivo de que botase a man á cámara. Despois de ver “Perfect Days” e gustar tanto de como o protagonista aproveitaba os seus descansos para fotografiar a luz e as árbores… eu quixen tamén participar desa contemplación tan queda e inspiradora.
TEXTURAS
Esta colección responde a unha serie de fotografías que intenta capturar texturas da natureza ーou de zonas semiurbanasー que chamaron a miña atención. A meirande parte pertencen a formas acuáticas por ser a auga un elemento que acho moi fermoso.
ACUARIO
As seguintes fotografías fixéronse durante unha visita ao acuario do Grove.
Comentario ás fotos do polvo: Este tentacular amigo achábase moi tranquilo sobre a súa rocha. Descoñecemos que fixemos para enfadalo pero… montou en cólera! Como se pode apreciar na transición dunha imaxe á outra, inflou a cabeza, ergueu os tentáculos e desenvolveu manchas laranxas pola pel. Quedounos moi clara a mensaxe: Queredes pelexa?
FLORA E FUNGOS
FAUNA
Comentarios ás fotos de Dula: Atopamos esta gata nunha gaiola non homologada e despois de estar atrapada durante o que sospeitamos foron tres días. A primeira fotografía amósaa aprisionada. A segunda no momento da súa fuxida ao abrir a gaiola e a derradeira vez que mirou atrás.
MISCELÁNEA



























































