Recomendacións culturais
Podedes enviar as vosas recomendacións de libros, xogos, películas, series, eventos culturais e demáis familia ao mail:
culturapetapau@gmail.com
Bástanos co suxeito da recomendación, un breve apuntamento ーmenos de 100 palabrasー e un nome, idade e lugar ーpoden ser inventados se queredes preservar a vosa privacidadeー.
Daremos prioridade aos contidos en galego ou dispoñibles na nosa lingua o que significa que estes contidos encabezarán a lista. Únicamente censuraremos as recomendacións que poidan ir en contra dos valores defendidos dende o equipo.
Estas son as recomendacións de marzo:
EVENTOS CULTURAIS
“Esta primeira semana de marzo é ARCO. Moito arte internacional concentrado no mesmo sitio. Ademáis promove a arte no resto de galerías e museos de Madrid.
ーOlivier, 22 anos (Lourizán, Pontevedra)
PELÍCULAS
“Eté 85 é unha historia sobre o primeiro amor dun adolescente de 16 anos. Un vínculo intenso e absoluto, vivido sen medida, que acaba deixando unha ferida difícil de pechar. Un filme fermoso e profundamente melancólico sobre emocións que semellan eternas e que marcan para sempre”
ーAlberte, 27 anos (Saiáns, Vigo)
ANIME
“Hai un anime un pouco curioso que rematou este mes. Chámase Gnosia. Colle exactamente o concepto de Among Us (o xogo da nave espacial onde tiñas que votar quen era o que estaba matando á xente) e transfórmao nun, curiosamente, moi bo anime”
ーElisa, 28 anos (Ontario, Canadá)
VIDEOXOGOS
“Gris posúe unha fermosura abraiante. Creo que podería xogalo ducias de veces e aínda así non cansar del. Altamente recomendable”
ーJulien, 27 anos (Trasmañó, Redondela)
