Raquel Alonso Rodríguez

Woodwardia radicans

Exemplar de Woodwardia radicans

(Raquel Alonso Rodríguez, 2023)

Aínda que os fentos non sexan a planta máis querida, pola súa teima de medrar constantemente en sitios nos que xa foron arrincados cen veces, o certoée que son bastante interesantes.


Como aínda así isto lle dá igual a moita xente, imos falar dunha especie con menos posibilidades de enoxar a ninguén debido ao seu escaso número no noso territorio.


Woodwardia radicans, co nome común de fento de botón,é un fento xigante que malia non estar ameazado conta con algunhas poboacións de poucos individuos en Galicia. A especie pertence ao xénero Woodwardia e pode acadar os dous ou tres metros de altura, puidendo atinxir tamén está lonxitude nas súas follas. Ten unha distribución mediterránea e atlántico subtropical, isto quere dicir que se atopa nos territorios que rodean ao mar mediterráneo e ademais nas illas Canarias, Madeira e os Azores.


A historia de Woodwardia vén de lonxe, orixinouse no territorio que agora é o continente americano durante o Paleoceno, fai 56 millóns de anos. Por aquel entón estábanse a separar os continentes cara as posicións que coñecemos actualmente, durante este período Asia e Norteamérica estaban unidos por terra de maneira intermitente. Era unha época  na que a temperatura estaba subindo moi rápido ata que se alcanzou o chamado máximo térmico do Paleoceno-Eoceno. Despois deste máximo o clima segue a pasar por estes ciclos de enfriamento e quecemento, moldeando as especies que habitan na terra, que van parecéndose cada vez máis ás que temos actualmente.


E durante esta época é cando Woodwardia emprende a súa viaxe. Mentres as temperaturas ían subindo este xénero foi espallándose polo mundo enteiro, estendéndose dende Norteamérica ata Asia. A chegada a Europa data do Mioceno medio fai 14 millóns de anos, quizais durante un pico cálido do clima na terra. Por aquel entón na bacía do mediterráneo o clima era húmido con características subtropicais. (O estudo de Li e colaboradores (2014)  fala da conexión da nosa Woodwardia coas do Himalaya, feito que probaría que veu de Asia e non directamente de Norteamérica). 


Podedes atopar a Woodwardia radicans en zonas húmidas, sombrías e preto de regatos. Aínda que quizais poderiades velo en zonas nas que a presencia humana é evidente, paga máis a pena búscalo en áreas mellor conservadas, tanto pola probabilidade de atopalo como polo maior desfrute de velo. Animámosvos a sairdes e intentardes atopala mentres apreciades todos os fentos que vexades durante a súa busca, aínda que sexan máis comúns e crezan en sitios nos que non os queredes.

 

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.