Tras navegar contra vento e marea a través do Atlántico, o barco no que viaxabas afúndese. Atópaste á deriva preto do que parece unha illa deserta. Ao teu arredor flotan toda unha serie de obxectos variados. Unicamente tes espazo e enerxía para levar cinco deles. Escolle sabiamente tendo en conta a súa utilidade para a supervivencia, para a túa saúde mental e pola súa versatilidade. Cada obxecto ten uns valores ーdo 0 ao 4ー en función destas tres cousas.
Es un naúfrago que prioriza sobrevivir? Que prefire non perder a cabeza? Ou procurarás as dúas cousas?
Velaquí o listado de obxectos:
1. Coitelo moi afiado
2. Navalla suíza
3. Lona impermeable
4. Rede de pesca
5. Soga resistente
6. Caixa de primeiros auxilios
7. Manual completo de supervivencia
8. Machada pequena
9. Brúxula e cantimplora
10. Corda de escalada
11. Filtro de auga portátil
12. Machete
13. Espello + Lupa
14. Pistola de bengalas
15. Tarros de mel, aceite e sal
16. Lanterna solar con 3 modos S e resistente á auga
17. Batería solar portátil
18. Radio de emerxencia
19. Cazo de aceiro inoxidable
20. Kit de pesca
21. Kit de escritura
22. Baralla de cartas + Dados + Botella de licor
23. Novelas varias a elección
24. Instrumento musical a elección
25. Hamaca + Manta
26. Escopeta de caza + Munición
27. Repelente de insectos potente + Crema para as picaduras
28. Manta térmica grande
29. Chifre de emerxencia + Bengala de man
30. Botella de aceiro inoxidable
31. Kit de costura
32. Cinta adhesiva moi resistente
33. Martelo + Caixa de cravos
34. Bloque de sal (10kg)
35. Saco de durmir + Roupa
36. Kit de lume
37. Bolsa estanca
38. Gorro para o sol + Crema solar + Gafas de sol
39. Gafas de mergullo + Respirador + Neopreno
40. Luvas moi resistentes
41. Botas de sendeirismo
42. Pa pregable
43. Rede mosquiteira
44. Saco de arroz (20 Kg)
45. Pílulas potabilizadoras + 10 Barriñas enerxéticas
46. Corda elástica de alta resistencia
47. Peite + Navalla de afeitar
48. 1Kg de xabón biodegradable + 12 rolos de papel hixiénico
49. Kit de cociña portátil: pota pequena, tixola, saleiro, tres tarros pequenos con especias, un coitelo e un cullerón
50. Bolsa de sementes + Sacho
©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.