Julien Courcier Cortegoso

O legado verde de Aurora Reigosa

A casa de Aurora Reigosa sitúase ás aforas de Teixeiro, unha vila do interior galego. Aurora foi unha investigadora botánica de renome que, tras abandonar a vida académica nos anos 80, se centrou en investigacións privadas sobre fitoquímica e conservación botánica.

 

A súa casa está chea de indicios dunha vida adicada á ciencia: centos de frascos etiquetados, cadernos con fórmulas, terrarios con especies raras e mesmo recreacións de ambientes tropicais. Entre os documentos destaca un diario coas súas últimas investigacións, onde fala da posibilidade de reproducir compostos bioactivos de especies extintas a partir de parentes vivos.

 

Héctor atópase ante unha chea de cadernos algo crípticos que non sabe como interpretar. Chama por dous colegas seus para que o axuden. A relación entre Aurora e os tres investigadores viña de lonxe. Durante algúns veráns da súa mocidade, Clara, Martín e Héctor pasaran temporadas con ela en Teixeiro, aprendendo botánica práctica e escoitando as súas teorías. 

 

Ao terceiro día da súa estadía, Martín sae da casa... e xa nunca regresa. Pouco despois de anunciar que ía buscar uns libros á súa casa, Héctor escoitou un ruído seco no exterior, coma o golpe dunha porta ou dun obxecto. Ao saír, xa non viu rastro do seu compañeiro nin do seu coche.
 

A fiabilidade dos testemuños evalúase de 1 estrela (★☆☆☆☆) a 5 estrelas (★★★★★). Isto non ten que ver co nivel de sospeita ou credibilidade das testemuñas senón coa coherencia do testemuño e o seu nivel de concordancia coas probas ou feitos.

Testemuños

Dr. Héctor Reigosa  ★★★★★
"Martín parecía intrigado cos apuntamentos de Aurora. Era coma se xa coñecese algunhas das cousas que atopamos. Cando dixo que tiña que volver á casa a buscar uns libros, non pensei mal. Pero cando pasaron dous días sen saber del, comecei a preocuparme. Non sei se crer a Clara. Quero pensar que non pero nese caso tampouco quero que lle pase nada."

  •  Observación: Investigador honesto, preocupado pola desaparición do seu colega. Non amosa motivos ocultos.

Dona Clara Agulla ★★★★☆
"Martín é brillante, pero non é a primeira vez que intenta apropiarse dun proxecto alleo. Nunca tivemos unha boa relación. Eu creo que viu algo entre as notas de Aurora que considerou valioso e decidiu marchar antes de compartilo connosco. De feito, entre os apuntamentos, identifiquei un patrón que indica que un dos extractos tiña potentes propiedades antibióticas. Martín interesouse moito cando o comentei."

 

  • Observación: Clara ofrece unha visión crítica de Martín. Posúe coñecemento interno da comunidade científica e desconfía por experiencia previa.

Axente Vázquez ★★★☆☆
"O coche apareceu nunha estrada secundaria, pechado con chave. Non había sinais de violencia nin indicios de crime. Para nós, parece unha marcha voluntaria. Quizais unha urxencia persoal. Os desaparecidos adultos non son raros nestes tempos."

  • Observación: A actitude das autoridades é desinteresada. Centráronse nos feitos visibles, sen pescudar en profundidade.

Dona Iria Comesaña (irmá de Martín) ★★★★☆

"O meu irmán sempre foi moi reservado co seu traballo. Faloume dalgún compañeiro antigo co que tivera problemas, pero non deu detalles. Dicía que lle roubara unha idea importante. Dende aquela non se falaron máis. Cando souben que desaparecera, o primeiro que pensei foi: ou marchou por algo grande… ou alguén lle puxo as cousas difíciles."

  • Observación: Persoa próxima emocionalmente, pero sen acceso directo ao contexto científico. O seu testemuño achega unha sombra de conflito previo non resolto.

Dona Sabela Reigosa (filla de Aurora) ★★★★☆

"A miña nai foi sempre moi reservada co seu traballo. Eu sabía que investigaba cousas das plantas, pero nunca me contou moito. Non me convence ver a casa revolta con xente allea rebuscando nos seus cadernos. Quero que se respecte a súa memoria."

  • Observación: Persoa prudente, emotiva, pero racional. A súa postura é comprensible. Non ten datos clave, pero podería dificultar a investigación.

Don Vicente Morales (veciño) ★★☆☆☆

"Esa muller estaba tola. Sempre mesturando herbas e cheirumes. Agora chegan estes da cidade e andan día e noite fedellando na casa, coma se fose un laboratorio. Non me sorprendería que algún deles tivese que fuxir por algo raro. Cando se remexe moito, sempre sae algo podre."

Cronoloxía coñecida

  • Observación: Testemuña hostil, con prexuízos e xuízos infundados. Pode dar pistas accidentais, pero non é fiable.

 

 

  • Década de 1980: Aurora abandona a universidade e dedícase á investigación privada.
     
  • Fai un mes: Morre Aurora Reigosa. Héctor herda a casa.
  • Fai dúas semanas: Héctor comeza a revisión da casa.
  • Fai unha semana: Chegan Clara e Martín para colaborar.
  • Fai catro días: Martín marcha dicindo que vai buscar libros. Aos poucos minutos, Héctor escoita un ruído fóra e sae a ver, pero xa non hai rastro del.
  • Fai dous días: O seu coche aparece nunha estrada secundaria.
  • Actualidade: A policía pecha o caso por falta de indicios de delito.

 

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.