Julien Courcier Cortegoso

O caso das Vidas Cruzadas

Hospital psiquiátrico semi-privado preto de Lugo, especializado en trastornos de identidade e memoria. Famoso por traballar con tecnoloxía experimental (neuroestimulación, terapia virtual). Un equipo internacional colaborou con eles hai uns anos nun programa sobre “transferencia de memoria emocional” como terapia para traumas profundos.
 

A fiabilidade dos testemuños evalúase de 1 estrela (★☆☆☆☆) a 5 estrelas (★★★★★). Isto non ten que ver co nivel de sospeita ou credibilidade das testemuñas senón coa coherencia do testemuño e o seu nivel de concordancia coas probas ou feitos.

Testemuños

Dra. Noa Ares  (Neuróloga ★★★★★)
"Non estamos ante unha alucinación común. Os patróns de linguaxe, os trazos manuais e mesmo certos gustos están sincronizados. Non o entendo. Nin a súa actividade cerebral coincide coa súa documentación persoal."

  •  Observación: Especialista seria e precisa. A súa análise científica pon en dúbida a narrativa oficial e reforza a natureza anómala do caso.

Xacobe Monteagudo (Paciente 1, ★★★☆☆)
"Eu recordo ser Marcos. A miña casa, a miña gata, os meus libros. André está confundido. O estraño é que tamén recordo cousas súas. Coma se estivesen mesturadas."

 

  • Observación: Confuso pero emocionalmente convencido. As súas lembranzas coinciden en exceso coas de André, o que fai sospeitar dunha orixe compartida. A súa identidade emocional parece sólida, pero incompleta.

André Varela (Paciente 2, ★★★★☆)
"Eu tamén lembro cousas que el conta. Mesmo soños. Pero eu teño as cicatrices e un sinal na man. El, non. Eu son Marcos. Xacobe un impostor."

  • Observación: Máis firme na defensa da súa identidade e con proba física (sinal na man). A súa lembranza é máis racional, pero tamén mostra signos de memoria implantada.

Uxía Andrade (irmá de Marcos, ★★★★★)

"Marcos desapareceu sen deixar rastro. Un día marchou da universidade e xa non volveu. Ambos homes teñen cousas del. Iso podo velo. A súa voz, certos xestos… pero ningún é Marcos. Ou polo menos non por completo."

  • Observación: Persoa achegada emocionalmente ao desaparecido, pero con visión lúcida. Detecta trazos auténticos nos dous homes, pero recoñece que algo fundamental falta en ambos.

Antón Cao (Psicólogo retirado, traballou no hospital ★★★★☆)

"Na miña etapa probaron métodos de recreación da memoria a través de simulacións. A idea era que o paciente revivise momentos alleos para superar traumas... pero algo se nos foi das mans."

  • Observación: Confesión críptica e reveladora. Amosa coñecemento directo dun proxecto oculto e recoñece posibles consecuencias nefastas, malia non detallalas de todo.

Dr. Guillerme Xunqueira (director do centro ★★☆☆☆)

"É un caso fascinante, dende logo. Pero de seguro que se trata dalgún trastorno xa coñecido. Se non coñecían a Marcos persoalmente deberon de verse afectados polo que puidesen ver nas redes sociais del. Na miña opinión todo encaixará moi rápido.”

Cronoloxía coñecida

  • Observación: Intenta minimizar a gravidade do caso. A súa actitude defensiva e racionalizadora suxire unha intención de ocultar prácticas irregulares.

 

 

  • Fai 3 anos: Iníciase un programa experimental de "Reconsolidación de memoria emocional".
  • Fai 2 anos: Marcos Andrade desaparece sen deixar rastro..
  • Fai 1 mes: André e Xacobe ingresan por separado con síntomas idénticos.
  • Fai unha semana: Chegan Clara e Martín para colaborar.
  • Actualidade: Os médicos detectan coincidencias neuropsicolóxicas imposibles entre eles.

 

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.