Velaquí a inauguración da sección de poesía de Petapau pola man de J. Carlos Moledo, poeta das Rías Baixas que, con 53 anos, atopa a inspiración para falarnos dos seus sentimentos nas súas vivencias persoais. O seu poema chéganos dende a Asociación ALBA de Pontevedra.
Cun estilo próximo e sinxelo, convídanos a apertar a vida sen reservas e a reflexionar sobre a importancia de non afastarse dun mesmo.
O poema di así:
I
Ola, cóntoche que
non debemos dicir
que estamos á parte
da propia VIDA.
Nunca te deixes a ti mesmo
e fai amizade coa propia VIDA.
Aínda que gustaría de facer un comentario máis extenso e profundo sobre este poema de apariencia simple pero de mensaxe tan fonda, este non é ーpolo menos por agoraー un espazo académico sobre a literatura. Persoalmente entendo a poesía como un acto de íntima expresión no que respecta á autoría e como un acto de reflexión, catarsis ou divertimento no que respecta a quen ten o pracer de ler.
Por eses motivos e asumindo que cada quen o interpretará ao seu xeito, eu farei unicamente o seguinte apuntamento.
Acho nese saúdo introdutorio e no uso ao longo do poema da segunda persoa unha forma tan simple como efectiva de establecer unha ponte entre o autor e o público, adquirindo así un ton próximo e directo que evoca o dunha conversa íntima. Ademáis, a insistencia no concepto de "VIDA", escrito en maiúsculas, dalle tal nivel de presencia que se convirte practicamente nunha entidade coa que debemos relacionarnos conscientemente.
Con esta invitación a conectar coa VIDA queda inaugurado este espazo poético no que falamos dende o corazón e para o corazón.
Moitas grazas por lernos,
J. Carlos Moledo e Julien Courcier